Colaboracións

Reproducir vídeo

Elementa! Zoar

Elementa é un proxecto interdisciplinar no que se xunta o traballo de diferentes artistas galegos. O espectáculo está conformado por 4 cadros musicais diferenciados, un por cada elemento pola seguinte orde: Aqua, Aer, Ignis e Terra. A música dos dous primeiros foi encargada por Zoar a Ferneando Buide sendo os outros dous encargos do Centro para a Difusión Musical a Federico Mosquera. A súa música da pé a un sutil fío argumental, unha coreografía dos bailaríns Xiana Vilas e Alfonso Rivera. A escenografía ideada por Ana Inés Jabares compleméntase cun deseño de iluminación de Eufrasio Lucena.

Herdeiras. Carmen Penim

É un espectáculo que une música, poesía e danza. Preséntanse unha serie de poemas musicados nos que colaboran as herdeiras de represaliados na guerra e a posguerra. Herdeiras fala de mulleres e dereitos, fala da construción da identidade, da visibilidade, do sentido da herdanza, da recuperación de historias de mulleres resistentes e solidarias. Unha aposta valente pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia histórica e a reconciliación.

Carmen Pením quixo con esta obra homenaxear a mulleres anónimas que resistían como heroínas en situacións extremadamente duras. Mulleres que comezaron a construír unha sociedade máis xusta para si mesmas e cuxos nomes quedaron enterrados no po da historia, como adoita suceder, só por ser mulleres. 

Alquimia. Mago Teto

Ultreia. Mago Teto