Un disfrace equivocado
“Fixen de min o que non souben e o que podía facer de min non o fixen vestín un disfraz equivocado tomáronme por quen non era, non o desmentín e perdinme cando quixen quitar a máscara estaba pegada á cara…” A Tabaquería – Fernando Pessoa.
A identidade. A miña identidade. A túa. A súa. As nosas. As outras. A conxunción das identidades lévanos inevitablemente ó colectivo, e é na interacción cos demais que esta identidade vólvese feble. En busca dunha solución fácil as persoas en sociedade crean unha máscara que logo lles resulta difícil discernir da propia faz. Nesta obra preténdese destacar aqueles aspectos que forman parte das nosas traxectorias como seres humanos, recollemos momentos marcados por experiencias propias e que nos definen. Pero esta peculiaridade individual lévanos a encontrar elementos comúns, experiencias vividas que se repiten, que forman parte duns e doutros, no fondo todos facemos parte dun todo idéntico, a sociedade. Os nosos intentos de diferenciación vense bloqueados polo colectivo. Estamos todos dentro dun escenario e cada un cumpre o seu papel.
Creación e dirección: Xiana Vilas, Isabel Sánchez, Fiona B. McCudden
Interpretación: Xiana Vilas, Isabel Sánchez, Claudia Delso, Fiona B. McCudden
Coreógrafía: Xiana Vilas, Isabel Sánchez, Fiona B. McCudden
Técnico de luz e son: Carlos Sarille
Foto: Inés Salvado