“Eu quéroo todo, xa! Agora! E que estea enteiro. . . Non quero ser modesta, nin contentarme cun anaco. Eu quero estar hoxe segura de todo, e que iso sexa tan bo como cando eu era pequena”
Nesta peza afondamos no mundo das relación humanas. Amosamos os seus contrastes, os momentos de euforia e felicidade, interrompidos por momentos de escuridade. A danza, a voz e o teatro articúlanse de maneira natural para expresar as cotradiccións que encontramos no mundo cotiá. Expresamos as dificultades nas que se atopan os seres humanos nas súas relacións, coas súas parellas, cos outros, nun mundo dominado por relación de poder, autoritarismo e sumisión. Pero onde tamén aparecen intentos de liberación. Unha peza que fai reflexionar sobre a nosa forma de relacionarnos cos demáis.
Espectáculo para salas e espazos non convencionais.
Dirección artística: Xiana Vilas
Coreografía: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
Interpretación: Isabel Sánchez e Xiana Vilas
Arranxos de son: Carlos Sarille
Duración: 25 min
Necesidades: Equipo de Son e Micrófono