Maldita fenda

Reproducir vídeo

Maldita fenda é un espectáculo que pretende visibilizar as inxustizas ás que están sometidas as mulleres polo simple feito de selo. Unha maldición imposta que está representada na cor negra, no peso da capa, na inestabilidade e o desequilibrio. Esta peza inspírase na nova escravitude nas redes sociais, as múltiples violencias e a soidade ante os problemas.
A peza remata cunha mensaxe de esperanza, inspirada naquelas mulleres da danza contemporánea que foron quebrando o teito de cristal. A pesares do peso da sociedade que lles dificultaba medrar foron quen de crear algo completamente revelador, e de abrir un camiño novo ás próximas xeracións.
Apélase á sororidade como impulso para saír, para mudar, para dar unha nova ollada e proporcionar unha raiola de esperanza.

Duración do espectáculo: 20 minutos.
Necesidades técnicas: equipo musical e altavoces.
Coreografía e Interpretación: Xiana Vilas
Agracedementos: Deputación de Pontevedra, Violencia Zero, Centro Coreográfico Galego.