Absentia
Nesta peza ábrese un diálogo corporal sobre o significado de ausencia. A pesares do seu significado negativo “falta de algo”, este concepto pode ter outras caras. Dialongando coa ausencia pretendemos comunicar, expresar, encher e emocionar. Con esta obra imos reforzar este concepto máis alternativo do baleiro. Pero no fondo non deixa de ser unha mera ilusión. Reinterpretamos o concepto e utilizámolo como unha excusa creadora con potencial expresivo. Tratamos a ausencia non como carencia senón como motor, forma e xerme de algo novo e xenuío. Aproveitámonos das súas sensación e emocións interpeladas.
Investigamos a ausencia desde distintos prismas, ausencia de persoas, dunha parte do corpo. E se o ausente é o propio movemento? Esta ausencia permítenos desenfocar o movemento e xogar coas relación entre os intérpretes para sacar á luz aquilo que permanece na sombra. As ilusións que se crean trasladámoas a nivel corporal. O proceso de bailar co outro e de sentir a sua ausencia.
Produción CIA Cisma & La incidente D_T
Creación e interpretación: Leodan Rodríguez, Isabel Sánchez, Xiana Vilas
Iluminación: Fidel Vázquez
Música: Zabrinski, Kevin Mc Leod, Schemawound, Josh Woodward.
Necesidades técnicas: Linóleo, Equipo de luz e son.
Imaxes: Gus S.Temprano
Vídeo: Tamboura Films